Over the course of many years, without making any great fuss about it, the authorities in New York disabled most of the control buttons that once operated pedestrian-crossing lights in the city. Computerised timers, they had decided, almost always worked better. By 2004, fewer than 750 of 3,250 such buttons remained functional. The city government did not, however, take the disabled buttons away—beckoning countless fingers to futile pressing.
Initially, the buttons survived because of the cost of removing them. But it turned out that even inoperative buttons serve a purpose. Pedestrians who press a button are less likely to cross before the green man appears, says Tal Oron-Gilad of Ben-Gurion University of the Negev, in Israel. Having studied behaviour at crossings, she notes that people more readily obey a system which purports to heed their input.
Inoperative buttons produce placebo effects of this sort because people like an impression of control over systems they are using, says Eytan Adar, an expert on human-computer interaction at the University of Michigan, Ann Arbor. Dr Adar notes that his students commonly design software with a clickable “save” button that has no role other than to reassure those users who are unaware that their keystrokes are saved automatically anyway. Think of it, he says, as a touch of benevolent deception to counter the inherent coldness of the machine world.
That is one view. But, at road crossings at least, placebo buttons may also have a darker side. Ralf Risser, head of FACTUM, a Viennese institute that studies psychological factors in traffic systems, reckons that pedestrians’ awareness of their existence, and consequent resentment at the deception, now outweighs the benefits. | Ó longo de moitos anos, e sen chamar a atención, as autoridades de Nova York foron desconectando a maioría dos botóns que controlaban os semáforos dos pasos de peóns neoiorquinos. Segundo decidiron, os temporizadores electrónicos case sempre funcionan mellor. No ano 2014, menos de 750 destes 3250 botóns seguían operativos. Non obstante, o goberno de Nova York non retirou os botóns desactivados, condenando así os dedos dos neoiorquinos e neoiorquinas a pulsacións sen sentido. Ó comezo, os botóns sobreviviron polo alto custo da súa retirada, pero resultou que ata os interruptores non operativos compren unha función. Segundo Tal Oron-Gilad, da Universidade Ben-Gurion do Negev (Israel), os peóns que pulsan un botón teñen menos probabilidades de cruzar antes de que o semáforo se poña en verde. Tras estudar o comportamento dos viandantes en pasos de cebra, concluíu que a xente é máis propensa a obedecer sistemas que parecen responder ás nosas interaccións con eles. Eytan Adar, experto en interaccións humano/máquina da Universidade de Míchigan, en Ann Arbor, afirma que os botóns desactivados producen este efecto placebo porque ós humanos gústanos ter esta ilusión de control sobre os sistemas que empregamos. En moitas ocasións, os alumnos do Dr. Adar deseñan programas con botóns de gardado con unha única función: tranquilizar ós usuarios que descoñecen que as súas accións gárdanse automaticamente. Dinos que pensemos nisto como unha mentira piadosa como contrapunto á frialdade propia do mundo mecánico. Pero esta non é a única forma de velos: segundo Ralf Risser, director de FACTUM, instituto vienés adicado ó estudo de factores psicolóxicos en sistemas de circulación, os botóns placebo poderían ter tamén un lado escuro. Polo menos, os dos pasos de peóns. Risser cre que os beneficios destes botóns son superados polo feito de que os peóns xa coñecen a súa existencia, polo que rematan decepcionados polo engano. |